QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 4 de septiembre de 2013

COMENZA UN NOVO CURSO : " CONSTRUIMOS PONTES, ABRIMOS CANLES".

O mes de setembro trae consigo o comenzo dun novo ano escolar. Desde o Seminario de E.F. desexamos que este sexa un curso cheo de experiencias  que vos axuden a desenvolvervos con seguridade e confianza na vida. Esperamos que o obxectivo xeral do Centro: "Construimos pontes, abrimos canles" sexa unha realidade !.

Para o curso lembra o que di Rafa Nadal : " o éxito é 90% esforzo".