QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 4 de febrero de 2013

U.D.III: O BALONCESTO. APONTAMENTOS.

BREVE HISTORIA.

O baloncesto nace a finais do século XIX nos EE.UU., onde un profesor de E.F. chamado James Naismith  decidiu crear un deporte que os seus alumnos poideran xogar durante o frío inverno. Despois de analizar os deportes que practicaban na época, apostou por colocar dos cestos nos extremos do ximnasio a 3,05 metros de altura (de ahí o nome de baloncesto). Rápidamente se extendeu por todo o pais, e durante a II Guerra Mundial, os soldados norteamericanos introduxéronno en Europa.





Imagen  imagen     
O baloncesto incorporouse oficialmente ao programa olímpico en Berlín 1936 en categoría masculina e Montreal 1976 en categoría femenina.
España, con tres subcampionatos olímpicos, dous campionatos    europeos e un mundial; é xunto con EE.UU. unha potencia neste deporte.    

REGLAMENTO.

- DURACIÓN: 4 cuartos de 10' cada un.
-. TEMPO DE POSESIÓN: cada equipo dispón de 24" para facer un lanzamento que , polo menos, toque a canasta.
- CAMPO ATRÁS: cando o equipo atacante atravesa a metade do campo, xa non pode xogar o balón no seu propio campo.
- 3" NA ZONA: un atacante sen balón non pode estar máis de 3" na zona .
- DOBRES: si botas o balón e o colles tes que pasar ou tirar, pero non botalo de novo.
- PASOS: botando o balón podes desprazarte canto queiras, pero sen botalo podes dar só 2 pasos e despois tes que tirar ou pasar. Si saltas co balón non podes caer e seguir con el, tes que pasar ou tirar cando estás no aire.
- PERSOAL: ao xogar non podes empurrar, golpear, agarrar... a un adversario, porque o árbitro pitarache persoal. Se fas 5 persoais estás expulsado e non podes xogar máis. Se lle fas falta persoal e o contrario está tirando , éste ten que tirar tiros libres. Se non está tirando , o outro equipo saca de banda.Cando un equipo acumula 5 faltas persoais nun cuarto, sempre se tiran tiros libres.

bote diagonal ou velocidade           


ACCIONS TECNICAS.

bote de protección.
          
bote vertical                                                                           tiro libre.
   
tiro en suspensión                                                                       entrada a canastra.
                                                          

dribling

pase de peito                                                                   pase béisbol.

pivotar.

pase picado.    

Neste blog do profesor de e.f. do  CEIP SACRATIF de Granada, atoparás un power point cunha ampliación dos contidos tratados no tema.