QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

jueves, 28 de febrero de 2013

AS JOSEFINAS NA SELECCIÓN GALEGA DE MINIBASKET.

A nosa compañeira Raquel de 6º A foi convocada pola selección galega de minibasket, co gallo do Campionato de España de Seleccións Autonómicas , que se celebrará en Cádiz no mes de marzo.Ten especial mérito pois é a única representante ourensá na selección.

http://www.josefinasourense.com/fotos//foto493_2.jpg

Raquel súmase a longa tradición de baloncestistas do noso Centro, lembrando que este mesmo curso dous alumnos Alex Mazaira e Paula Ginzo , transladáronse a Barcelona para xogar, respectivamente, co  F.C.Barcelona e Club Siglo XI, alén de formar parte da Selección Española.

Parabéns a Raquel e a todos os nosos alumn@s que con tanto entusiasmo e deportividade levan o nome do noso Colexio polas pistas de baloncesto. A seguir así !!!