QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

viernes, 6 de marzo de 2015

APONTAMENTOS BALONMAN.

BREVE HISTORIA.

O balonmán moderno nace a comenzos do s.XX no centro e norte de Europa. Ata mediados deste século practicábase ao aire libre, nos campos de fútbol, e xogaban 11 xogadores de cada equipo ( este formato ainda se practica en algúns países) nos meses de verán. A climatoloxía fixo que se fose adaptando para que a súa práctica fora posible durante todo o ano. Deste xeito aparece o balónmán que coñecemos actualmente, que se xoga en pista e con 7 xogadores de cada equipo. O balonmán foi deporte olímpico por primeira vez en Munich 72 (categoría masculina), e Montreal 76 ( categoría feminina).


     
España é a actual campiona do mundo neste deporte en categoría masculina, e medalla de bronce olímpica en categoría feminina.


                                      

REGLAMENTO.

Pica eiquí e accederás a unha infografía que che explicará gráficamente todo o relacionado co reglamento, dinámica de xogo, accións técnicas...

ACCIÓNS TÉCNICAS.

Lembras estas accións técnicas que traballos neste tema....

    
pase armado clásico                     finta de brazo                                finta de corpo 
 
        recepción.                                            pase en pronación
    
  lanzamento en suspensión                   lanzamento en caída                        lanzamento en apoio


  lanzamento de cadeira