QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

miércoles, 27 de febrero de 2013

ADESTRAMENTO DA FORZA

Nesta avaliación continuamos a coñecer aspectos básicos do adestramento orientado á mellora da saúde. Como lembrarás, as capacidades físicas básicas que temos que traballar son.


    
          RESISTENCIA AEROBICA                   FLEXIBILIDADE                   FORZA-RESISTENCIA.


O adestramento da forza-resistencia é fundamental para que os nosos músculos estén tónicos, é decir, que teñan tono muscular, pero que non estén hipertfofiados ( excesivo volumen muscular ). Ten especial importancia o adestramento que fagamos a nivel de tronco (abdominais e lumbares), de tal xeito que nos permita un bo equilibrio muscular - postural que impida problemas de espalda.

Durante esta avaliación traballamos  a forza-resistencia de distintas maneiras: 

  1. EXERCICIOS DE FORZA CON AUTOCARGA : cando só utilizamos o noso peso .Despois de 4 anos na secundaria , xa tes un bo repertorio: abdominais , lumbares, sentadillas, flexións de brazos e todas as súas variantes.
  2. EXERCICIOS DE FORZA CON SOBRECARGA: cando usamos un peso a maiores do corporal, é decir cando usamos pesas, balóns mediciáis...Nesta avaliación, nós usamos gomas elásticas e aprendimos unha morea de exercicios.Lembra que tes que relacionar os exercicios co músculo que está a traballar.
  3. OUTRAS TENDENCIAS: na actualidade existen moitas formas de traballar a forza, lembra que na avaliación practicamos: 
  • BODYPUMP: traballo de forza con pesas (nós fixémolo coas gomas), agrupados en partes (chamados tracs), cunha música para cada unha delas.
  • PILATES: excelente ximnasia orientada á correción e equilibrio postural a través de exercicios de forza e flexiblidade.
  • ACROSPORT: coreografías grupais nas que os compoñentes van facendo figuras e construccións.
                                             
                       exercicio con autocarga                                                       exercicio con sobrecarga

            
                  BODYPUMP                                               PILATES                                      ACROSPORT

Neste enlace accederás a información útil sobre o uso das gomas elásticas, así como un vídeo con exercicios.